259.- O movemento simple das ás do paxaro élle máis fácil ao subir que ao descender; a maior facilidade do movemento cara arriba débese a dúas causas: a primeira consiste en que o peso (do paxaro), cando descende, até por si só para levantar as plumas un pouco no alto; a segunda, en que, sendo as ás convexas cara arriba e cóncavas cara abaixo, o aire cede máis facilmente á presión das ás en subida que en baixada, xa que esta provoca unha condensación do aire pechado antes de que teña tempo de escapar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.