22 de novembro de 2016

De "Os escuros soños de Clío" de Carlos Casares.

Na historia do ouro escrita por John Sherwood Read (The yellow mirror. A research on golds history, London, 1875) ao lado de Raimundo Llull, o frade agostiño Wenzel Seyler, o xeneral sueco O. A. von Paykhull, o barón Christian William Krohneman, o aventureiro italiano Domenico Manuel Caetano e outros moitos que recibiron o alto don de transformar o chumbo, o mercurio ou o simple ferro no cobizado metal loiro, figura o compostelán Antonio F. Caaveiro, un antigo seminarista condenado a morte por un escuro asunto de sodomía e que se salvou ofrecéndolle a Felipe IV entregar no prazo dun ano catro mil quilos de ouro. Fixo a proposición diante da Audiencia, invocando o nome e a autoridade do padre Daniel Sobrado, bo coñecedor do tema, para que dixese se había precedentes de cousa semellante e con qué resultado.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario