4 de novembro de 2016

Inicio de TILB

TILB
David Langford

Era como quedar atrapado no medio dunha luminosa superposición de imaxes filmadas. As lentes crebaban a rúa escura, partíana e reordenaban ao longo de liñas diagonais: un cartel fosforescente de Kerabs aparecía trastornado ao tipo de letra que chamaban «Crebada». Robbo decidira que era máis seguro deixarse as lentes postas. Aínda baixo a vacilante media luz eléctrica de antes do anoitecer, un nunca sabía o que podía chegar a ver.
Mala sorte se o molde caíaselle de debaixo do brazo e desenrolábase ante os seus ollos mentres el facía garabatos na beirarrúa. Aquel sería un bo lugar, detrás da parada do ómnibus 34 (un crebado 34). Era a súa parte da cidade; todas as mañás, as mulleres congregábanse aquí, vestidas coas súas saris e gorxeando como brillantes canarios alieníxenas. Bo lugar, alí xunto á vidreira clausurada con táboas, que estaba repleta de avisos de recitais suxeitos con alfinetes.
Robbo escrutou a rúa buscando algún movemento, mirouse a man para que o borroso spaghetti de dedos lle infundiera confianza. As súas eran lentes xenuínas do Exército - o Grupo ten amigos en sitios estraños -. Din que o ollo nalgún momento logra axustarse. Un día algo fai clic e un empeza a ver os contornos das cousas con claridade. Vacilou mentres desenrolaba o groso plástico; despois tranquilizouse e presionou o molde coa man esquerda contra un cartel feito farrapos, mentres que na súa man dereita siseaba o tubo de aerosol.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.