A Saga da Terra Moribunda
Aí están, agardando nun mundo moribundo de esconxuros místicos, poderosas maldicións e demoníacas criaturas da noite.
Son: Turjan, o científico que loita por crear a vida; T'sais, a feiticeira de Embelyon, que viaxa cara á afastada Terra en busca da beleza e o amor no medio dos sombríos bosques e os brumosos precipicios dun mundo máxico; Guyal de Sfere, nacido cun anhelo de coñecemento que o impulsa cara ao Museo do Home e a sabedoría do universo.
Todos eles, e moitos outros, loitarán, vivirán e morrerán a súa aventura nun mundo crepuscular que lanza xa os seus últimos estertores...
Jack Vance, o autor da serie de «Tschai», O Planeta Da Aventura, inicia con este libro unha nova saga que se constituíu nun clásico mundial.
Axuntando fantasía e ciencia-ficción, realidade e maxia, cunha desbordante imaxinación, ofrécenos, a través de catro libros (A terra moribunda; Os ollos do sobremundo; A saga de cugel e Rhialto o prodixioso) un fresco impresionante dunha terra ao límite da súa historia, un mundo afastado pero que con todo é aínda o noso, que apaixona, cativa e prende o interese até a última páxina...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.