7 de novembro de 2016

O outeiro de ferro

O outeiro de ferro

Atópome no fondo dun aula, estamos todos de pé nunha clase de pintura, temos varias mesas como as dunha barra dun bar que cruza a clase, sobre elas pomos as nosas enormes follas especiais para pintar.

Eu tiña un compañeiro á miña dereita, un home adulto, tiña a cara chea se marcas faciais, coma se tivese unha vida intensa e chea de obrigacións. Á metade da clase decide que ten que marchar, espérao un labor importante, encárgame a min que garde os seus debuxos até a próxima, el non pode levalos á reunión.

Pouco despois doume conta de que teño demasiados debuxos que levar, tento collelos todos coas mans e camiño á saída cos brazos estendidos esperando que secase a pintura.

Como podo saio da clase.

Atópome só, fóra, de fronte, hai gran outeiro de céspede verde, aínda que sei que é unha fachada tan só.

No pico do outeiro víase un saínte metálico cuns portelos, aos arredores desta, o outeiro sacaba enormes chemineas de varios metros de altura.

O outeiro de verde céspede era a fachada que construíran para a maior fábrica de toda a cidade canto menos.

Nos seus bos tempos lembrei que traballaran 5000 persoas. Hoxe está a maioría parada, coloreada por dentro con oxido.

Achégome á cima, abro unha trampilla e podo ver o que esconde, un inmenso baleirou ocupado con ferros e tubaxes, a profundidade que tiña era moito maior que a altura do outeiro, cando me fixei ademais de ter certa vertixe pensei no bo sitio que sería para facer paracaidismo.

DRD

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.