15 de novembro de 2016

Fragmento de Crimen en Compostela, de Carlos G. Reigosa.

Nivardo saíu do clube a unha chuvia mesta e revolta, remexida a un tempo por ventos que semellaban ávregos do sudoeste e carreiráns do nordés. Ergueu as lapelas do gabán e foi célere ata a Praza Roxa; seguiu pola rúa da República de O Salvador e virou cara ó seu apartamento ó chegar a Xeneral Pardiñas. Polo camiño pensou no Celes; era un tipo como coñecera centos: un individuo con talentos naturais para o mando e que, ó non poder exercelo no ben, exérceo no mal (entendendo ben e mal como conceptos aleatorios definidos en cada momento por unha sociedade concreta). Era o vulgar rapaz espilido e sen escrúpulos de tantos arrabaldos multitudinarios e pobres. Pero..., ¿onde estaban eses arrabaldos en Santiago?
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.