19 de xuño de 2016

MARTÍN SOÁREZ

MARTÍN SOÁREZ [B 1358 / V 966]

Nostro Senhor, com'eu ando coitado
con estas manhas que mi quisestes dar:
son mui gran putanheir'aficado
e pago-me muito dos dados jogar;
des ir ar hei mui gran sabor de morar
per estas rúas, e vivend'apartado.

Podera-m'eu ben, se foss'avegoso,
caer en bon prez e honrado seer;
mais pago-m'eu deste foder astroso
e destas tavernas e deste bever;
e, pois que eu ja máis non posso valer,
quero-m'andar per u seja viçoso.

E pois eu entendo que ren non valho
nen hei por outra bondade a catar,
non quer'eu perder este fodestalho
nen estas putas nen este entençar,
nen quer'ir per outras fronteiras andar,
perdend'o viç'e dando-mi gran trabalho.

Aínda eu outras manhas havía,
per que eu non posso ja muito valer:
nunca vos entro na tafularía
que lh'i non haja algún preit'a volver,
porque hei pois en gran coita a seer,
e a fugir, guarir na putaría.

E pois, quando me vejo en meu lezer,
m'i rendo logo, e pois vou mia vía;
e leixo i putas de mi ben dizer,
e de mias manhas e de mia folía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario