18 de xuño de 2016

Inicio de LUZ DOUTROS DIAS PERDIDOS

LUZ DOUTROS DÍAS PERDIDOS
Bob Shaw

Abandonamos o pobo, e enfilamos as empinadas costas da estrada que conducían cara ao país do cristal lento.
Nunca vira aqueles grandes caseróns e, ao primeiro momento, atopeinos un pouco insólitos... un efecto que acentuaban aínda máis a miña imaxinación e as circunstancias. A turbina do coche viraba suave e silenciosamente no aire saturado de humidade, até tal punto que nos parecía estar a seguir as curvas da estrada en ás dunha paz sobrenatural. Á dereita, a montaña abríase a un val de piñeiros milenarios, dunha incrible perfección; e por todas partes erguíanse os cadrados de cristal lento bebendo ávidamente a luz. De tanto en tanto, un escintileo do sol nos seus tendederos daba unha ilusión de movemento, pero en realidade aquelas paraxes estaban desertos. As fileiras de xanelas
aliñadas no flanco da montaña contemplaban desde facía anos o val, e os homes limpábanas tan só pola noite, cando a presenza humana non podía alterar en nada a sede de imaxes do cristal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.