12 de xuño de 2016

MARTÍN SOÁREZ

MARTÍN SOÁREZ [B 143]

Pero non fui a Ultramar,
muito sei eu a terra ben
per Soeir'Eanes, que én vén,
segundo lh'eu oí contar:
diz que Marcelha jaz alén
do mar e Acre jaz aquén,
e Somportes logu'i a par.

E as jornadas sei eu ben,
como lhi eiri oí falar:
diz que pod'ir, quen ben andar,
de Belfurad'a Santarén,
se noutro día madurgar,
e ir a Nogueirol jantar
e maer a Jerusalén.

E diz que viu uu judeu,
que viu prender Nostro Senhor;
e haveredes i gran sabor,
se vo-lo contar, cuido-m'eu;
diz que é un judeu pastor,
natural de Rocamador,
e que ha nome Don Andreu.

Do sepulcro vos eu direi,
per u andou, ca lho oí
a Don Soeiro; ben assí
como m'el disse, vos direi:
de Santarén tres légoas é
e quatro ou cinco de Loulé,
e Belfurado jaz logu'i.

Per u andou Nostro Senhor;
d'alí diz el que foi romeu,
e, depois que lh'o Soldán deu
o perdón, houve gran sabor
de se tornar; e foi-lhi greu
d'andar Coira e Galisteu
con torquis do Emperador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario