27 de xuño de 2016

Fragmento de Males de Cabeza

Un texto de Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, escritor galego.

Estou tolo

Estou tolo. Ben, non estou certo de se estou tolo ou son eles os que me queren facer pasar por tolo. En todo caso, son as esencias. Seguro. Os cheiros. Este perfume a canela, o arrecendo a especias, a lombo de elefante, a mulemba, que fai que o cerebro me estea indo para atrás no tempo. Desque cheguei a Marrocos estou a volver á infancia. A miña mente retrocede. Sobre todo, a causa deste arrecendo a canela e arroz con leite. E mátame. Mátame a min e mátame o azul do cerebro. Disque estou perdendo o azul, o azul, que é a miña lucidez toda. Iso din os médicos. Fáltame o mar e o aire da terra. Da miña terra. A súa cor de pálida esperanza. A canela váiseme metendo pola boca, paseniño, de vagar, docemente, coma cando a mamai me facía arroz con leite nas tardes de domingo, e rúbeme pola gorxa ata os conductos nasais -ás veces pídeme mesmo respirar- e aprópiaseme de toda a masa encefálica, do cerebro, do pensamento todo, expulsando o azul, a miña vida, todas as boas lembranzas que eu levaba dentro para poder seguir vivindo. Sinto que perdo o mar, que perdo o ceo. A esperanza. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.