11 de xuño de 2016

Inicio de DOUS SON UNHA MULTITUDE

DOUS SON UNHA MULTITUDE
Sasha Gilien
 
Permanecín vinte minutos con Charlie Kleingold despois de que quedou tendido, morto, no sofá do seu salonciño.
E non é que me sentise sentimental no que a el respecta; pero estábase tan cómodo na tranquila e silenciosa habitación, que me desgustaba ter que abandonala e volver comezar o traballo. Pero non había máis remedio. En canto o seu corazón deixou de funcionar, souben que a lucecita vermella acesa encima do seu nome empezara a parpadear no gran taboleiro, e xa me estaban zumbando
para que me presentase a buscar o meu novo destino.
«Que zumben! - pensei -. Despois de vivir trinta e cinco anos con Charlie, uns minutos máis non teñen importancia. Pobre Charlie! A verdade é que pasamos moi bos intres...»
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.