15 de xuño de 2016

Arte

O significado da arte paleolítica.

Díxose que a arte parietal do Paleolítico superior responde a crenzas totémicas e que os animais representados son o tótem protector do grupo. Fálase de ritos de fertilidade que propiciarían, pintándoos, a reprodución e  abundancia dos animais. A maxia simpática, que permite ao cazador cobrar a peza que pinta e que así, en certo xeito, «adquire» previamente, é outra das interpretacións propostas.

En realidade, pódese dicir que hai case tantas opinións como investigadores do tema.

Todos os autores coinciden en dividir o conxunto de obras artísticas do Paleolítico superior en dous grandes apartados: o que comprende as manifestacións realizadas nas paredes, teitos e chans das covas -a arte parietal- e o que engloba, ademais de plaquetas de pedra, os obxectos de pequeno tamaño, en óso, hasta, marfil ou pedra -a arte moble ou mobiliar-.




Ningún comentario:

Publicar un comentario