3 de xuño de 2016

Fragmento de O Corazón portugués

Fragmento de O Corazón portugués, de Ramón Loureiro, nado en Fene o 3 de xuño de 1965

AS HORAS MALGASTADAS
Chegado o momento de morrer, tamén ó Poeta sen Sona se lle vén á memoria unha morea de imaxes fermosas dos anos primeiros. Coñécese que cando o tempo se acaba, nas horas derradeiras, a todo o mundo lle dá por mirar cara atrás.
Antes do seu pasamento, que neste intre intúe inexorable, lembra cómo xogaba, cos amigos da infancia, polo Val do Sa. Cómo deixaban que os regatos levasen, corrente abaixo, os barquiños de poucos reais que mantiñan atados cun fío de seda para recuperalos despois e poder repetir así —unha vez, outra, acaso un cento— aquela navegación.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.