A musa da Historia, Clío, tivo os seus adoradores nos membros dunha sociedade secreta denominada "Der Schatz", en Berlín, a mediados do século xviii. Chamábana estes a Gran Caroqueira e homenaxeábana con cantos e poe-mas, pero sobre todo coa escritura e a lectura de textos apócrifos. Destes últimos pensaban que tiñan o poder de modificar o Pasado e cambiar para ben o curso da Humanidade.
W. Lübbe, Das Zeichen, Berlín, 1927.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.