A deputada laborista Jo Cox foi asasinada por un fanático ao berro de "Britain first!" (Reino Unido primeiro). O Brexit, esa gran cortina de fume do incapaz David Cameron, cóbrase unha primeira vítima.
Hai uns días, a moza política defensora de causas tan nobres como a atención aos refuxiados sirios, colgaba no seu twitter unha foto facendo campaña polo si a quedar na UE mentres participa cos seus fillos e marido na Batalla do Támesis.
A brutalidade humana adoita levar por diante aos máis valentes, os covardes permanecen, perpetúanse.
D.E.P. Jo Cox.
DGM
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.