13 de xuño de 2016

A FELICIDADE

A FELICIDADE

Robert D. Putman, profesor da Universidade de Harvard, constatou en 2000 que os estadounidenses traballaban e consumían máis que nunca, a súa renda per cápita era un terzo máis alta que na xeración anterior, pero os seus índices de felicidade diminuíran e as depresións clínicas multiplicáronse por dez.

A causa?

Tanto Putman como outros sociólogos e psicólogos chegaron á conclusión de que a felicidade non se relaciona co diñeiro, nin coa cultura, nin coa intelixencia, nin coa idade ou as relixións. Só é seguro que aumenta ou diminúe de acordo co número e a calidade das relacións humanas. Contra a sentenza sartriana de que os infernos son os outros, as ciencias sociais declaran agora que ao redor dos outros se atopa o modesto paraíso terreal. (Vicente Verdú, O Estilo do mundo, pág 204)

Servidor -mileurista, preculto, postclever, exxove e aggnóstico- opina 3/4 do mesmo.

Feliz semana!

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario