23 de outubro de 2014

Fragmento de Xente de Mala Morte

Texto de Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952, así que hoxe está de aniversario.

"Señor Notario:
Atopará este escrito metido dentro do sobre dirixido a vostede e que deixarei encol da mesiña de noite e debaixo do frasco de Orfidal, do que vou tomar todo o contido inmediatamente despois de poñer o punto final. Deixo, así mesmo, unha nota na que solicito aos meus familiares que o chamen por teléfono cando comproben que estou morto. O primeiro sobre unicamente o abrirá vostede, e, unha vez reunida a familia, estando eu de corpo presente, leralo en voz alta a todos os membros, agás aos meus netos, Carliños, Rauliño, Vane e Pepuxas que aínda son moi pequerrechos para entender as cousas da chegada e da partida. Cando remate de ler esta carta que sospeito será bastante longa, entregará outro pequeno sobre que vai dentro do seu á miña amada esposa Margarida, para que lea a soas o seu contido. Non aceptará vostede que nin sequera os meus fillos se enteren do que aí se conta; é aigo moi íntimo entre nós os dous, marido e muller. Tamén, e ante todo, que reine a serenidade, a mesma serenidade coa que decido ir saudar á Morte. 

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.