24 de outubro de 2014

Fragmento de ¿Que me queres, amor?, de Manuel Rivas

Fragmento de ¿Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, escritor nado na Coruña o 24 de outubro de 1957

Eu tamén tiven un tío en América. E agardo telo aínda, a regar rosanovas no Panteón Gallego co seu cubo de cinc.
O meu tío chamábase Amaro e morrera polo menos oito veces antes de morrer. Era un especialista en morrer e sempre o facía con moita dignidade. Da morte volvía perfumado con xabóns La Toja, peiteado á maneira do acordeonista da Orquestra Mallo, cun traxe novo Príncipe de Gales e cunha historia sorprendente. Unha vez fixo unha descrición moi detallada do menú do Banquete Celestial, no que, segundo el, abundaba o lacón con grelos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.