BÚSQUEDA
A Basilio Losada
Andar sempre á procura
do reino que se agacha no horizonte
lonxano e dubidoso
cando as noites removen o silencio
lámpadas amatadas
pálpebras que se pechan
destinos indecisos na fábula inocente
da conversa
ou ventos que se espallan
por cima dos espacios onde se anuncia a alma.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.