Boris Vian
Boris Vian naceu na localidade francesa de Ville d'Avray en 1920. A Guerra Mundial obrigouno a interromper os seus estudos e, ao concluír a contenda, empezou a desenvolver unha personalidade polivalente e paradoxal. Traballou como músico de jazz, actor, cantante, xornalista, crítico musical... A súa vida levoulle a converterse nun símbolo definitorio do Barrio Latino de París nos anos da postguerra. Cualificóuselle como «escritor orquestra» e a expresión non resulta esaxerada á vista da súa atípica peripecia vital. Como escritor, Vian iniciou a súa carreira literaria en 1946, coa publicación de Cuspirei sobre a vosa tumba. Nos anos seguintes, viron a luz as novelas máis coñecidas da súa produción: A espuma dos días, O outono en Pequín, A herba vermella e O arrancacorazóns. Escribiu tamén varias obras de teatro, así como poemas e contos.
O resultado destas creacións literarias condúcenos a unha absurdidade reflexiva e tremenda que sobrecolle coa mesma intensidade que a mellor pintura abstracta. Cada un destes contos desmonta e reconstrúe a realidade nun exercicio implacable de captar o mundo non inmediato. En definitiva, o que lle interesaba ao Boris Vian escritor era romper con todos os convencionalismos que avogaban a súa época. Non cabe dúbida de que estes contos son unha mostra contundente desta vontade de ruptura que guiou ao autor no trinta e nove anos da súa existencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.