16 de maio de 2014

JUAN RULFO - Inicio de É QUE SOMOS MOI POBRES

JUAN RULFO - É QUE SOMOS MOI POBRES

Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno, de nome artístico Juan Rulfo, naceu en Jalisco o 16 de maio de 1917.

Aquí todo vai de mal a peor. A semana pasada morreu a miña tía Jacinta, e o sábado, cando xa a enterramos e comezaba a baixárllenos a tristeza, comezou a chover como nunca. Ao meu papá iso deulle coraxe, porque toda a colleita de cebada estaba asoleándose no solar. E o chuvieiro chegou de súpeto, en grandes ondas de auga, sen darnos tempo nin sequera a esconder aínda que fose un feixe; o único que puidemos facer, todos os da miña casa, foi estarnos arrimados debaixo do tellado, vendo como a auga fría que caía do ceo queimaba aquela cebada amarela tan recentemente cortada. 

E apenas onte, cando a miña irmá Tacha acababa de cumprir doce anos, soubemos que a vaca que o meu papá lle regalou para o día do seu santo leváralla o río.

O río comezara a crecer hai tres noites, a iso da madrugada. Eu estaba moi durmido e, con todo, o estrondo que traía o río ao arrastrarse fíxome espertar deseguido e pegar o brinco da cama coa miña acubilla na man, como se crese que se estaba derrubando o teito da miña casa. Pero despois volvín durmir, porque recoñecín o son do río e porque ese son foi facéndose igual até traerme outra vez o soño. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.