7 de maio de 2014

Inicio de TROVA INFINITA de Fermín Bouza Brei

Morreu a morna cantiga,
-ai Deus!- do meu corazón
e o seu amante salaio
en ningures se escoitou.
Brancos peitos de almasí,
amerceaivos de nós!
Teño aínda abertos os beizos
onde finou a canzón
que agora quere ser bico
xa que deixou de ser voz.
Ai Deus!

Ou, donas!, non zugaredes
o mel do meu corazón?
Nao, milleiral, cantiga,
froitos que pra ninguén son,
pulos estériles do esprito
que non ecoa un cramor,

Ningún comentario:

Publicar un comentario