23 de maio de 2014

A CASA de Ricardo Carballo Calero (A Xente na Barreira)

O máis novo dos Frade de Eirís atopouse con que aquiles montes escalvados eran todo o que puidera arrabuñar da herdenza dos seus pais.

Feitas as partillas, aos bens da casa acaesceulles o que á cabuxa que, esnaquizada en moitos anacos, non abonda pra ren. E de aquila cabuxa o morgado non deixara senón a pel e os ósos. O óso de Ramón era mao de rillar, e il cobizaba boas dentadas, que viña de casa grande e mal se afacía as estreitezas.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.