26 de maio de 2014

Inicio de O vidro de Iargo

O vidro de Iargo
por Colin Kapp

O Panamanian Girl, procedente da Terra, arribou a Port Suma, en Iargo, cun cargamento de máquinas, ferramentas, canabina, pezas de cerebros electrónicos e un poeta. Este último saudou aos azulados ceos de Iargo cun sorriso que os igualaba en esplendor, e deu unha airosa inclinación á 
súa gorra para bailar coa súa sombra sobre as  brancas e brillantes areas. 
O capitán da nave quitouse tristemente a súa propia gorra, contemplando como se afastaba o poeta. Tres meses de voo espacial son moitos meses para non acoller de bo grado calquera demostracion de agudeza que fixese menos aburrida a viaxe. E o poeta dera probas dunha exuberancia espiritual realmente abraiante. Nas paredes interiores da nave resoaba aínda o eco dos seus versos: 
Chámome Jason van Tere. 
Sempre son ben acollido 
Recoñezo que o meu estro 
é ás veces pouco destro... 
Deus se apiade de Iargo! -díxolle o capitán ao primeiro oficial.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.