10 de maio de 2014

2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LX)

Ouvía ruídos de pasos e voces confusas. Pero o capitán Nemo non apareceu. No momento en que me dispuña a abandonar o salón, entraron Ned Land e Conseil.
-Que ocorreu? -pregunteilles.
-Eu viña preguntarllo ao señor -respondeu Conseil.
-Mil diantres! -exclamou o canadense-, eu si se o que pasou. O Nautilus tocou e, a xulgar pola súa inclinación, non creo que salga desta como a primeira vez no estreito de Torres.
-Pero, polo menos, volveu á superficie? -preguntei.
-Ignorámolo -dixo Conseil.
-É fácil pescudalo -respondinlles, á vez que consultaba o manómetro.
Sorprendido, vin que o manómetro indicaba unha profundidade de trescentos sesenta metros.
-Que quere dicir isto? -exclamei.
-Hai que interrogar ao capitán Nemo-dixo Conseil.
-Pero onde achalo? -preguntou Ned Land.
-Seguídeme -dixen aos meus compañeiros.
Saímos do salón. Na biblioteca, ninguén. Na escaleira central e nas dependencias datripulación, ninguén. Supuxen que o capitán Nemo debera apostarse na cabina do temoneiro. O mellor era esperar, e regresamos o tres ao salón.
Silenciarei as recriminacións do canadense, que atopara unha boa ocasión para encolerizarse. Deixeino desafogar o seu mal humor ás súas anchas, sen responderlle.
Levabamos xa unha vintena de minutos tratando de interpretar os menores ruídos que se producían no interior do Nautilus, cando entrou o capitán Nemo. Afectou non vernos. A súa fisonomía, habitualmente tan impasible, revelaba unha certa inquietude. Observou silenciosamente o compás e o manómetro e logo dirixiuse ao planisferio, no que pousou un dedo sobre un punto dos mares austrais.
Non quixen interromperlle. Tan só algúns instantes máis tarde, cando se volveu cara a min, díxenlle,
devolvéndolle a expresión de que se serviu no estreito de Torres:
-Un incidente, capitán?
-Non, señor -respondeu-, esta vez é un accidente.
-Grave?
-Talvez.
-É inmediato o perigo?
-Non.
-Encallou o Nautilus?
-Si.
-Como se produciu?
-Por un capricho da natureza, non pola impericia dos homes. Nin un só fallo cometeuse nas nosas manobras. No entanto, non pode impedirse ao equilibrio que produza os seus efectos. Pódese desafiar ás leis humanas, pero non resistir ás leis naturais. Singular momento o escollido polo capitán Nemo para entregarse a esta reflexión filosófica. En suma, a súa resposta non me aclaraba nada.
-Podo saber, señor, cal é a causa deste accidente?
-Un enorme bloque de xeo, unha montaña enteira, deu un envorco -respondeume-. Cando os icebergs están minados na súa base por augas máis quentes ou por reiterados choques, o seu centro de gravidade
ascende. Entón envorcan e danse a volta. Iso é o que ocorreu. Un destes bloques ao envorcarse abateuse sobre o Nautilus, que flotaba baixo as augas. Logo deslizouse baixo o seu casco e subiuno cunha irresistible forza até capas menos densas, sobre as que se acha tombado o seu flanco.
-Non é posible liberar ao Nautilus baleirando os seus depósitos para reequilibrarlo?
-É o que está a se facer nestes momentos, señor. Pode vostede ouvir o ruído das bombas en funcionamento.
Mire a agulla do manómetro, indica que o Nautilus sobe, pero o bloque de xeo tamén o fai con el, e ata que non xurda un obstáculo que deteña o seu movemento ascensional nosa posición non cambiará.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.