21 de maio de 2014

Fragmento de "Unha árbore, un adeus" de Marina Mayoral

¡Nana! ¡Naniña! ¿Onde estás...? Veño buscar outra cervexa. O Paco apareceu por alí... ¡Mira que listiña! ¿E como sabías que ía para alí e non para outro lado?... ¿Que sempre acaba xunto de min? ¡Nana, iso non o irás dicindo por aí á xente...! Anque fose verdade. Pero, ben, imos deixar o conto. A ver as cervexas. Esta ben quentiña para Paco, que a quere do tempo, e eu vou coller xeos da neveira para botalos na miña... Prefíroa chirle a quente... O do xamón foi unha boa idea, e un pouco de queixo tamén, seguro que ó Paco lle apetece... Eu picarei tamén... É unha maneira de falar, Nana, non picarei, engulirei, zamparei, volverei a Madrid grosa coma unha bóla e todos saberán que es a mellor cociñeira do mundo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.