9 de maio de 2014

AS FORZAS VIVAS de Luis Seoane

Mais hoxe, ala na térra de orixen, as forzas vivas están entretidas de abondo
en limpa-los supostos blasós e os zapatos,
en orgaizar batallós de vellos tafules e bofañeiros,
choqueiradas de babós e rixosos,
Caballeros de La Coruña, Caballeros de Santiago, Caballeros de cada cibdade,
armados cabaleiros polo arrecadador de impostos,
polos mestres de armas dos Bancos,
delatores de xenerosos homes do povo.
Agoiros da morte, adicados ao encalzo de irmáns que xa fixeron Santo ao crudel sádeco Conde de Camina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario