O vixia no centeo
J. D. Salinger
Tradutor: Xosé R. Fernández Rodríguez
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de Xogo
Nº páxinas: 224
ISBN: 84-8302-365-2
J. D. Salinger foi un misterioso escritor norteamericano, un autor oculto, que foxe de aparecer sequera nas lapelas dos seus propios libros. Ten demandado a varios dos seus biógrafos. A súa filla Margaret escribiu unha biografía sobre el titulada El guardián de los sueños.
Clásico vivo das letras norteamericanas tras o seu éxito O vixía no centeo, que o levou á fama moi cedo, convertendo ao seu heroe no prototipo do adolescente que busca o sentido da vida nun mundo no que a inocencia e a verdade non teñen lugar, un mundo falso. Os seus personaxes adoitan ser sensibles e especiais.
Nacido en Nova York en 1919, fillo dunha irlandesa católica e un polaco xudeu. Non foi moi brillante o seu paso pola escola, pero dedícase desde a adolescencia a escribir relatos.
Participou na Segunda Guerra Mundial. Ten unha vida moi azarosa con varios divorcios e cambios moi fortes, participando en determinados momentos na Ciencioloxía, ou dedicándose ao budismo zen, ao vexetarianismo ou á homeopatía.
Un dos seus relatos foi adaptado ao cine na película Mi corazón loco. En Chasing Holden cóntase a historia dun fanático do libro O vixía no centeo que se sente preto do personaxe de Holden Caulfield e quere coñecer ao propio autor.
Entre as súas obras podemos citar as novelas Franny y Zooey; Seymour: una introducción; Levantad, carpinteros, la viga del tejado… ou os relatos curtos Un día perfecto para el pez banana; El hombre que ríe; Justo antes de la guerra con los esquimales; Para Esme, con amor y sordidez…
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.