DOENZA
A dor de estar doente ben vale o pracer de estar san. Cando un está malino todos os agarimos da casa son para un e ademais ¡ten tan doces soños o deiirio! Cando eu era pequeno sempre quixen estar doente para ser aloumiñado e para delirar. Porque cando un está san ten soños de pesadelo con mortos e estomballadas, ou soños de conto con meigas e encantos, ou soños de xogo, con nenos e paxaros. Mais cando se ten febre óllanse cousas doutro mundo que non é o noso nin o dos mortos. Lémbrome de pequeno adormecéndome arroupado, acochadiño, baixo o meigallo da dor; de súpeto, no mouro dos meus ollos, encomezaba a
choutar unha comba marela, revirándose, devanadoira de lume; brincando, fervenza de fogo; pingando, trebón aceso; deitandose en augas loiras, chovendo, arreo, teimosa, paseniño, faíscas escintilantes e roxentes areas.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.