28 de maio de 2014

GIL PÉREZ CONDE [B 1527]

GIL PÉREZ CONDE [B 1527]

Ja eu non hei por quen trobar
e ja non hei én coraçón,
por que non sei ja quen amar;
por én mi mingua razón,
ca mi filhou Deus mia senhor:
aquí filhou o Demo maior
quantas cousas que súas son,
como lh'outra vez ja filhou
a cadeira u siía
o Filh'; e por que mi filhou
bõa senhor que havía?
E diz el que non ha molher:
se a non ha, pera que quer
pois tant'a bõa María?

Deus nunca mi a mí nada deu
e tolhe-me bõa senhor:
por esto, non creo en el eu
nen me tenh'eu por pecador,
ca me fez mia senhor perder.
Catade que mi foi fazer,
confiand'eu no seu amor!

Nunca se Deus mig'averrá,
se mi non der mia senhora;
mais como mi o corregerá?
Destroia-m', ante ca morra.
Hom'é: tod'aqueste mal faz,
.......................................
e Sodoma e Gomorra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario