2 de maio de 2014

Fragmento de Ruído. Relatos de Guerra, de Miguelanxo Murado.

Miguel-Anxo Murado López naceu en Lugo o 2 de maio de 1965, escritor, periodista e guionista español.

ZAPATOS
Ningún dos cadáveres tiña os zapatos postos. Estaban todos a uns metros, todos mesturados, facendo un mogote que era tamén unha fosa común. Mentres ela facía fotografías, eu pensaba, entre outros moitos pensamentos absurdos, nos zapatos, no que significaban. Van collendo a túa forma, acaban por parecerse a ti. Se os ves sós e baleiros, parece que teñen a forma da túa mesma alma.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario