26 de abril de 2014

Fragmento de Venenos, de Xesús Pisón

CARLOS
Eu tampouco podía durmir.
Pausa.
Levo unha semana con insomnio.

ADOLFO
Aquí estase ben. A contemplación da baía, polas noites, relaxa.

CARLOS
Non vin ao teu despacho para relaxarme.
Pausa breve.
Tampouco para espiar.

ADOLFO
¿Queres unha copa?

CARLOS
Non, gracias.

ADOLFO
¿Como vai a túa obra?

CARLOS
Ben. Quero dicir, mal. Non dou avantado.

ADOLFO
Déixao. Tal vez mañá encontres o camiño.

CARLOS
Non hai camiño. O que ocorre é que non gosto do que estou a escribir.

ADOLFO
Entón rómpeo, e comeza con outra cousa.

CARLOS
Xa é o terceiro intento que fago, e con todos fracasei.

ADOLFO
Tranquilízate. Non es un principiante. A creación precisa de vagar.

CARLOS
Non sei o que me pasa. As palabras non flúen. Estou tan confuso.

ADOLFO
Quizá non teñas claro o argumento, ou a linguaxe non sexa a adecuada.

CARLOS
Está todo claro, mais paréceme estúpido.

ADOLFO
Déixao uns días, ata que a mente se estabilice.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.