19 de abril de 2014

Fragmento de "Galván en Saor" de Darío Xohán Cabana

Texto de Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás, na Terra Chá, o 19 de abril de 1952.

—¿E logo pensa volver?
—¡E que remedio me queda! Aqueles tolos buscarán e buscarán, e desgraciarán o reino coa súa busca, e meu tío darase conta de que non vale de nada buscar cando xa sexa tarde de máis. Daquela terei de volver eu, porque meu tío é vello, e aínda que non sirva para nada quero estar cabo del neses últimos días.
—¿E el non será un caldeiro máxico ou algo así.o que buscan os seus compañeiros? -preguntou Manuel de Braes—. Dígoo porque eu teño lido aínda ben libros, e acórdaseme un que falaba dunha cousa así.
—Para uns é caldeiro, para outros é copa, para outros unha gran pedra preciosa caída do firmamento. Quizais sexa as tres cousas ou quizais ningunha, pero cousa máxica éa, e causa da ruína de tan boa terra tamén a será. Eu por min quero mellor estar aquí mentres poida, pois vou indo algo vello, e estou canso, e quixera folgar un pouco antes do meu inevitable regreso.
—E se non fose moita a pregunta —dixo Manuel de Braes—, ¿poderiamos saber cal é a gracia de vostede?
—Eu chámome Galván -respondeu o viaxeiro-, e son sobriño do rei Artur.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario