27 de abril de 2014

Fragmento de "O enigma de Embívicus" de Xosé Antonio Perozo

ENTRE O AMOR E MAILA GUERRA

Ó Cali as prediccións do horóscopo causábanlle certa impresión de desacougo desde que as descubrira un día no xornal e o seu avó lle explicou todo o entramado da astroloxía. A partir daquela sabe que, por nacer en decembro, pertence ó grupo dos Saxitarios. Despois, querendo e sen querer, foi sabendo das características dos nados á sombra do centauro e comprobou que moitas coincidían co seu carácter ou co seu xeito de actuar. Por exemplo, din que os Saxitarios tenden a ser fachendosos e Cali, analizándose friamente, cre selo. Ós seus doce anos recén feitos está moi seguro de si mesmo, incluso presume máis do debido de ser alto, ter ollos azuis e un pelo loiro que enfeitiza ás rapazas de sexto. Anque en sétimo a máis dunha fóxelle a vista cara ó seu pupitre mentres don Raimundo se perde entre números explicando matemáticas.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.