14 de abril de 2014

Inicio de O ELIXIDO

O ELIXIDO
Eduardo Goligorsky

Fermín Eslamiada non podía conciliar o soño. Era estraño. Tiña os ollos pechados e estaba realmente canso, pero non podía conciliar o soño. Cambiaba de posición na cama, pensando que quizais lle incomodaba o brazo mal dobrado, ou a perna encolleita, ou a posición forzada do pescozo. Pero non gañaba nada con esas voltas.
A calor era atafegante, coma se as paredes aprisionaran e solidificaran todo o bochorno do día, e Fermín Eslamiada sentía como unha desas figuriñas encerradas nun bloque plástico e trasparente que ultimamente se vían nos escaparates.
Xunto a el durmía a Rufina, respirando serenamente, e a intres facía soar a lingua contra o padal con eses chasquidos húmidos que segundo ela eran produto da imaxinación de Fermín.
- Deixate de coñas! - ría a Rufina cada vez que el mencionaba o tema -. Que vou facer con eses ruídos mentres durmo!. Vos si que roncaste onte á noite. Non puiden pegar un ollo.
Pero claro que a Rufina chasqueaba a lingua en soños, como agora mesmo, mentres el viraba outra vez na cama pensando que o seu ombreiro entumecido era a causa do insomnio.
Ese día fora como todos os outros de traballo esgotador no muíño fariñeiro. As bolsas parecían pesarlle máis sobre as costas, coma se unha columna de aire denso e quente engadirase á carga habitual. E non ocorrera nada que puidese preocuparlle. Á tarde pasou polo café, antes de volver á casa, e discutiu cos raparigos, pero sen porse nervioso nin entusiasmarse demasiado. Que como formaría San Lorenzo o domingo; que se a última carta do Home era auténtica, que se había noticias de Roque, que estaba preso pola pancada que lle pegara á súa muller cando a atopou no centro, moi agarrada do brazo doutro tipo. Bah, macanas.
Pero agora non podía durmir.
A transpiración lle chorreaba por todo o corpo. Un mosquito pasou zumbando. Fermín esperou listo para pegarlle un lapote apenas sentise o cosquilleo das patas sobre a súa pel. O mosquito foise e a el nin sequera quedoulle ese desafogo. 
Alguén tiña acendida a radio, e Fermín entretívose un momento tratando de descifrar o que cantaba esa voz gangosa. Púxose máis nervioso cando non entendeu nada. O cachorro de don Pedro empezou a baduar. Ao intre todos os cans do barrio estaban aullando.
Deu outra volta na cama e rozou sen querer a perna espida da Rufina. 
Esta interrompeu un chasquido da lingua, e Fermín pensou que á fin e ao cabo sería unha sorte se ela espertaba. Entón tería quen o acompañase no seu insomnio. Pero a Rufina separouse del e seguiu durmindo.
Carallo, díxose Fermín, mañá vou estar bombeado cando vaia ao galpón. E se se me cae unha bolsa e o capataz berra vanme a sobrar motivos para perder o soño.
A pesar dos seus esforzos, Fermín Eslamiada seguiu esperto. Porque sen que el sospeitáseo, o raio estaba enfocado sobre o seu corpo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.