24 de abril de 2014

Aforismos de Leonardo

147.- Sabemos con certeza que a vista é un dos máis rápidos sentidos e que ela ve nun instante infinitas formas; con todo, só pode comprender unha cousa por vez. Poñamos por caso que ti, lector, abraces dunha onda esta páxina escrita. Recoñecerás de inmediato que está chea de variadas letras, pero non distinguirás en tan breve tempo que letras son, nin o que elas signifiquen. Serache, pois, necesario ir tomando nota desas letras, palabra por palabra e liña por liña. Do mesmo xeito, se queres subir ao alto dun edificio has de subir chanzo por chanzo, e só así chegarás ao seu cume.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.