13 de abril de 2014

MEU de Manuel Luís Acuña

E veño de non sei donde
e voume pra donde veño.

Un equis preto na fronte,
circo fechado meu peito.
O pasado xeroglífico.
O presente cero e cero.
Índice, suma, tratado,
alfa e omega de min mesmo.
Mariñeiro a marinar
no océano do segredo.
Dorna vogando á deriva,
sin vela, timón nin remo.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario