Quero darche unha pomba para a tebra onde habitas
e douche a miña pel que latexa cal pomba namorada.
Quero darche unha verba alcendida de doces agarimos
para o teu corazón que chora sangue núa
e douche os meus beizos que deitan sangue de orfos menceres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.