...
22 de setembro de 2013
Fragmento de "Turbo" de Miguel Suárez Abel
Voume deitar. Tamén hai que descansar algo. ¡Que tarde, Virxe Santa! Estou canso coma se traballase todo o día. Para min que se cansa un máis psicolóxica que fisicamente. As preocupacións desgastan moito. Non sei se non lle bote unha saba por riba ó rapaz, se cadra ó vi-lo día refresca aigo. Nos ollos é escritiño á nai. Susana. Vou pecha-la fiestra. Total aire non hai de ningunha maneira. Susana. ¡Canta ledicia sentiría se tivesémo-la sorte de consegui-lo que pretendemos! A ver. A ver cando veña este carafio de Maximino de Buenos Aires se nos mudan para mellor as cousas, porque a verdade, hai unha temporada, parece que todo vai ó revés.
...
...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.