19 de setembro de 2013

Aforismos de Leonardo

120.- Oh, bobada humana! Non botas de ver que aínda que pasaras toda a túa vida contigo mesmo, non lograrías recoñecer o que mellor posúes, a saber: a túa tolemia? 
Seguindo a multitude dos sofistas, engánasche e enganas aos outros. Desprezas as ciencias matemáticas, que conteñen a verdadeira noción das cousas que son do teu dominio; pasas logo a tratar dos milagres, pretendendo saber cousas que escapan á capacidade da mente humana e non poden demostrarse con ningún exemplo natural; e pensas realizar un milagre cando deterioraches a obra dalgún enxeño especulativo, sen advertir que incorres no mesmo erro que o que desposúe unha planta do ornamento dos seus ramos, cheos de follas, de olorosas flores e de froitas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario