15 de setembro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1306 / V 911]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1306 / V 911]

Pois a todos avorrece
este rogar avorrido
de tal molher e marido,
que a min razón parece
de trager, por seu pedrolo,
o filho doutro no colo.

Pois ela trage camisa
de sirgo tan ben lavrada,
e vai a cada pousada
per algo, non é sen guisa
de trager, por seu pedrolo,
o filho doutro no colo.

Como Pero da Arruda
foi da molher ajudado,
non é mui desaguisado,
pois lh'esta faz tal ajuda,
de trager, por seu pedrolo,
o filho doutro no colo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario