COLACAO
Boeno, disque eran mal levados. E1 disque lle daba malleiras, e claro...
Non. Arrear, arreáballe, que dunha vez disque a mandou ao hospital. E o conto é que ela fartouse. Pois non sei, el antes vendía o cupón, non sabes, pero dáballe ao alpiste. Aí a eso das oito da tarde xa che estaba peneque. E ademais era faltón, que non penses ti que porque era cego... collía de bastón e veña bastonadas. Ai, tamén lle teñen arreado a el, tenas levado boas, que a min dáme reparo sacurdille a un cego, pero tamén se se pon chulo... Porque un tipo deses arréache unha bastonada ¿e que? Ai si, ti falas moito pero queríate eu ver no sitio, non penses que era unha calcomanía, que era un tiparraco...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.