-Que fai vostede todo o día?
-Sopórtome.
Do inconveniente de ter nacido.
Pasaron os anos e o seu pesimismo lonxevo segue alí, á vista
de todos. O filósofo da lucidez que morreu na máis
absoluta das demencias senís. Oh!, paradoxo fatal. O Cioran
tráxico e corrosivo que sempre desdeñou a vida... morreu de vello!
Maldición digna de aforismo. O pensador carcomido polo seu propio
pensamento, o memorioso adolescente perpetuo vencido polo
Alzheimer. Broma amarga da vida.
"O que sei ao sesenta anos, xa o sabía aos vinte. Corenta
anos dun longo, superfluo traballo de comprobación."
E. M. Cioran foi unha das mentes máis agudas do século XX, un dos
escritores máis incisivos e provocadores que Europa tivo.
Mediante os seus libros, cartas e ideas articuladas en diversas
entrevistas, Cioran -o eterno inconforme- falou do home e das súas
mentiras ancestrais, razoou sobre a necesidade de aceptar a
demolición dos axiomas da humanidade, e disparou contra todas
as convencións sociais. Familia, deus, filosofía, relixión, amor,
sexo. Nada nin ninguén escapou ao seu verbo punzante e perturbador.
"Necesidade física do deshonor. Gustaría ser fillo de verdugo.".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.