3 de setembro de 2013

ESTEVAN DA GUARDA [B 1302 / V 907]

ESTEVAN DA GUARDA [B 1302 / V 907]

A molher d'Álvar Rodríguiz tomou
tal queixume, quando s'el foi d'aquén
e a leixou, que, por mal nen por ben,
des que veo, nunca s'a el chegou
nen quer chegar, se del certa non é,
jurando-lhe ante que, a bõa fe,
non na er leixe como a leixou.

E o cativo, per poder que ha,
non na pode desta seita partir
nen per meaças nen pe-la ferir:
ela por én neua ren non dá;
mais, se a quer desta sanha tirar,
a bõa fe lhe convén a jurar
que a non leixe en neún tempo ja.

Ningún comentario:

Publicar un comentario