ANTON CHEJOV - POUCA COUSA
Hai uns día convidei a Yulia Vasilievna, a institutriz dos meus fillos, a que
pasase ao meu despacho. Tiñamos que axustar contas.
- Sente, Yulia Vasilievna -díxenlle- . Arranxemos nosas contas. A vostede
seguramente lle fará falta diñeiro, pero é vostede tan cerimoniosa que non o pedirá
por si mesma... Vexamos... Puxerámonos de acordo en trinta rublos por mes...
- En corenta...
- Non. En trinta... Téñoo apuntado. Sempre lle paguei ás institutrices
trinta rublos... Vexamos... Estivo vostede connosco dous meses...
- Dous meses e cinco días...
- Dous meses redondos. Téñoo apuntado. Correspóndenlle por tanto sesenta
rublos... Pero hai que descontarlle nove domingos... pois os domingos vostede non lle deu clase a Kolia, só paseou... máis de tres días de festa...
A Yulia Vasilievna acendéuselle o rostro e púxose a tironear o volante do
seu vestido, pero... nin palabra!
- Tres días de festa... Por conseguinte descontamos doce rublos... Durante
catro días Kolia estivo enfermo e non tivo clases... vostede deullas só a Varia...
Houbo tres días que vostede andou con dor de moas e a miña esposa permitiulle descansar despois da comida... Doce e sete suman dezanove. Ao
descontalos queda un saldo de... hum... de corenta e un rublos... non é
certo?
O ollo esquerdo de Yulia Vasilievna arroibou e vino embazado de humidade. O seu
mentón estremeceuse. Rompeu a toser nerviosamente, soouse o nariz, pero...
nin palabra!
- Na véspera do Aninovo vostede rompeu unha cunca de té con platiño. Descontamos
dous rublos... Claro que a cunca vale máis... é unha reliquia da familia...
pero que Deus a perdoe! Perdemos tanto xa! Ademais, debido á súa falta de
atención Kolia subiuse a unha árbore e desgarrou a chaquetiña... Descontámoslle
dez... Tamén polo seu descoido, a camareira rouboulle a Varia os botíns...
Vostede é quen debe vixialo todo. Vostede recibe soldo... Así que lle descontamos cinco máis... O dez de xaneiro vostede tomou prestados dez rublos.
- Non os tomei -musitou Yulia Vasilievna.
- Pero se o teño apuntado!
- Bo, será... así está ben.
- A corenta e un restámoslle vinte e sete, quédanos un saldo de catorce...
Os seus dous ollos enchéronselle de bágoas...
Sobre o naris apareceron pingas de suor. Pobre rapariga!
- Só unha vez tomei - dixo con voz trémula- . Pedinlle prestados á súa esposa tres
rublos... Nunca máis o fixen...
- Que me di? E eu que non os tiña apuntados! A catorce restámoslle tres e quédanos un saldo de once...
Velaquí o seu diñeiro, querida! Tres... tres... un e
un... sírvase!
E eu tendinlle once rublos... Ela colleunos con dedos temblorosos e meteullos
no peto.
- Merci - murmurou.
Eu peguei un salto e boteime a camiñar polo cuarto. Non podía conter a miña
indignación.
- Por que merci? - pregunteille.
- Polo diñeiro.
- Pero se a desplumei! Demos! Asalteina! Roubeille! Por que
merci?
- Noutros sitios nin sequera dábanme...
- Non lle daban? Pois non é estraño! Eu chanceei con vostede... deille unha
cruel lección... Dareille os seus oitenta rublos enteiriños! Aí están preparados en
un sobre para vostede! Pero é que se pode ser tan apoucada? Por que non protesta
vostede? Por que cala? É que se pode vivir neste mundo sen mostrar os
dentes? É que se pode ser tan pouquiña cousa?
Ela sorriu debilmente e no
seu rostro lin: "Pódese!"
Pedinlle desculpas pola cruel lección e entregueille, para o seu gran asombro, os oitenta rublos. Timidamente balbuceou o seu merci e saíu... Seguina coa mirada
e pensei: Que fácil é neste mundo ser forte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.