Estrelas estrelecidas
na noite en lus de Belén.
Unha, dúas, vinte, cen.
Os anxos canta que canta;
os pastores,
as pastoras,
canta que canta tamén:
-Groria a Deus que naceu probe,
e paz pra os homes de ben.
Unha, dúas, vinte, cen...
Canta que canta que canta
na noite en lus de Belén:
-Groria a Deus que naceu probe,
e paz pra os homes de ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.