Wolfgang Goethe naceu un 17 de nadal de 1770.
A Noiva de Corinto
(Die Braut von Korinth - 1797)
Wolfgang Goethe
Procedente de Atenas, a Corinto
chegou un mozo que ninguén coñecía.
E a ver a un cidadán dirixiuse,
amigo do seu pai, e diz que habían
ambos os vellos a voda concertado,
tempos atrás, do mozo coa filla
que o ceo ao de Corinto concedese.
-
Pero é sabido que debemos caro
pagar toda mercede que nos outorguen.
Cristiáns son a noiva e a súa familia;
cal os seus pais, pagán é o noso mozo.
E toda crenza nova, cando xorde,
cal planta venenosa, extirpar adoita
aquel amor que había nos corazóns.
(...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.