26 de decembro de 2012
Inicio de Música dos templos, do Pai Feijoo
O Pai Feijoo morreu o 26 de nadal de 1764
Música dos templos
Nos tempos antiquísimos, se cremos a Plutarco, só se usaba a música nos templos, e despois pasou aos teatros. Antes servía para decoro do culto; despois aplicouse para estímulo do vicio. Antes só se ouvía a melodía en sacros himnos; despois empezouse a escoitar en cantilenas profanas. Antes era o música obsequio das deidades; despois ligou coas paixóns. Antes estaba dedicada a Apolo; despois parece que partiu Apolo a protección desta arte con Venus. E coma se non bastase para apestar as almas ver na comedia pintado o atractivo do deleite coas máis finas cores da retórica e cos máis axustados números da poesía, por facer máis activo o veleno, confeccionáronse a retórica e a poesía coa música.
(...)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.