5 de decembro de 2012

Inicio de Murat, de Alexandre Dumas


O 5 de nadal de 1870, morreu Alexandre Dumas.

ALEXANDRE DUMAS
MURAT

O 18 de xuño de 1815, no preciso instante en que se decidía en Waterloo o destino de Europa, un home disfrazado de esmoleiro marchaba en silencio de Tolón a Marsella. Cando chegou ao desfiladeiro de Ollioulles, detívose nun pequeno altozano que lle permitía divisar a ampla paisaxe que se estendía aos seus pés. Xa porque chegara ao final da súa viaxe, xa porque quixese gozar durante un tempo da magnífica vista, unha postal que se prolongaba até o horizonte meridional antes de penetrar polo áspero e escuro desfiladeiro, aquel home foi a sentar no noiro da hondonada que bordeaba a estrada principal. 

Estaba de costas ás montañas que forman o anfiteatro que se eleva ao norte da cidade. Desde alí, podía divisarse unha rica chaira de exuberante vexetación, un lugar onde, como nun invernadoiro, crecen árbores e plantas descoñecidas no resto de Francia. Máis aló daquela chaira iluminada polos últimos raios do sol, estendíase un mar tranquilo e liso como o xeo. Pola superficie da auga, deslizábase un solitario barco de guerra que, aproveitando a brisa fresca, levaba despregado todo o velamen.

Impulsado por este, navegaba rapidamente cara ao mar de Italia. O esmoleiro seguiuno cunha mirada ávida, ata que desapareceu entre a punta do cabo de Gien e a primeira illa do arquipélago das Hyéres. Despois, unha vez que perdeu de vista a branca aparición, lanzou un profundo suspiro, apoiou a fronte entre as súas mans, e quedou inmóbil e absorto nos seus pensamentos, ata que un ruído de cascos de cabalos fíxolle estremecer.

Inmediatamente, levantou a cabeza, sacudiu os seus longos cabelos negros, como querendo escorrentar os amargos pensamentos que lle aflixían, e, fixando a mirada na entrada do desfiladeiro de onde viña o ruído, viu saír a dous xinetes, aos que sen dúbida recoñeceu. Levantouse con rapidez, deixou caer o bastón que levaba na man, cruzou os brazos e virouse cara a eles. Os recén chegados detivéronse en canto vírono. O que marchaba diante descendeu do cabalo, botou a brida en mans do seu camarada e, quitándose o chapeu, aínda que estivese aínda a máis de cincuenta pasos do home vestido con farrapos, dirixiuse a el respetuosamente. O esmoleiro deixou que se lle achegase cun aire de dignidade sombría, sen facer un só movemento, e, cando xa o tivo a moi curta distancia, dixo:

-E ben, señor mariscal! Tivestes noticias?
-Si, sire -respondeu tristemente o interpelado.
-Cales son?
-Unhas que prefería que llas comunicase calquera outra persoa á súa Maxestade...
-De modo que o emperador rexeita os meus servizos! Esquécese das vitorias de Abukir, Eylau e Moscova?
-Non, sire; pero acórdase do tratado de Nápoles, da toma de Reggio e da declaración de guerra ao vicerrei de Italia.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.