8 de decembro de 2012

Inicio de «A rebelión dos Tártaros», de Thomas de Quincey


Thomas de Quincey morreu un 8 de nadal de 1859.

«A rebelión dos Tártaros»

Rebelión dos tártaros ou fuxida do Khan dos Calmucos e o seu pobo dos territorios de Rusia ás fronteiras da China

Na historia moderna, e talvez poida dicirse que en toda a histora, a partir dos seus máis temperáns anais, non hai acontecemento que se coñeza menos nin que impresione tanto á imaxinación como a fuxida que durante a segunda metade do século pasado emprendeu cara a oriente, a través das estepas interminables de Asia, unha das principais nacións tártaras. O terminus a quo e o terminus ad quem da fuxida son igualmente magníficos o primeiro o trono máis poderoso da Cristiandade, o segundo o máis poderoso do Paganismo e as circunstancias románticas que a rodean pon de relevo armoniosamente a grandeza de ambos os extremos. 

O brusco do comezo e a fera rapidez da execución anuncian o carácter bárbaro e apaixonado de quen encabezaron o movemento. Na unidade de propósito que congrega unha miríada de vontades e na traxectoria cega pero certeira cara a un branco tan remoto hai algo que lembra os instintos omnipotentes que impulsan as migracións da golondrina e o lemming ou as marchas devastadoras de de lagosta. A sombría vinganza de Rusia, que prendeu a súa cruel artillaría á retagarda e os flancos dos vasallos fuxitivos evoca imaxes de Milton: penso na man solitaria que persegue á hoste rebelde a través dos espazos desertos e o antigo caos, até alcanzar con salvas atronadoras a quen xa se crían ao amparo da escuridade e a distancia.

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.